Un conductor queda atrapado no seu vehículo despois de ter un accidente en Muros
10:08 03/12/18
10:08 03/12/18
O turismo saíuse da vía cando circulaba pola AC-550, á altura da Virxe do Camiño
En Muros tiveron que intervir onte os membros do GES da localidade co fin de liberar a unha persoa atrapada por un pé no interior dun coche.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o turismo saíuse da vía cando circulaba pola AC-550, á altura da Virxe do Camiño.
Como consecuencia do impacto, o condutor quedou atrapado e necesitou da axuda dun equipo de excarceración para poder saír do coche e ser atendido polos servizos sanitarios de urxencia.
Neste operativo colaboraron igualmente os Bombeiros de Cee e os axentes da Garda Civil de Tráfico.