miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Feridas tres persoas por mor dun accidente múltiple en Pontevedra

Feridas tres persoas por mor dun accidente múltiple en Pontevedra
Feridas tres persoas por mor dun accidente múltiple en Pontevedra

Foron varios os condutores que se puxeron en contacto co 112 Galicia ás 7:30 horas de hoxe para informar dun accidente con tres vehículos implicados, dos cales un estaba en chamas

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta mañá a tres persoas que resultaron feridas a causa dun accidente múltiple na PO-542, en Pontevedra.

Ademais, unha furgoneta implicada no sinistro ardeu por completo, o que obrigou a intervir aos Bombeiros de Pontevedra para sufocar o incendio.

Foron varios os condutores que se puxeron en contacto co 112 Galicia ás 7:30 horas de hoxe para informar dun accidente con tres vehículos implicados, dos cales un estaba en chamas. Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, pediuse a colaboración dos efectivos do parque de Pontevedra co fin de atallar as lapas que devoraron por completo o vehículo.

Pola súa banda, o equipo do 061-Urxencias Sanitarias trasladado ao lugar do accidente atenderon a tres persoas que presentaban lesións de diversa consideración.

Do mesmo xeito, foi necesaria a mobilización do persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas para a retirada dos danos provocados polo impacto e para restablecer as condicións de seguridade na vía. 

Comentarios
Lo más