Cuarta semana de folga do servizo de urxencias do Hospital Clínico
06:30 03/12/18
06:30 03/12/18
Os traballadores encaran a cuarta semana de folga para reclamar maior persoal e mellora do servizo en calidade ao doente
Mañá comeza a cuarta semana de folga do servizo de urxencias do Hospital Clínico de Santiago que, como todas as semanas, se producirá dende hoxe ás 8:00 horas ata o xoves ás 8:00 horas.
Precisamente, hoxe mesmo o Comité de folga está convocado a unha reunión coa xerencia ás 10:30 horas para retomar as negociacións. Ás 13:00 horas, o Comité terá unha asamblea cos traballadores para valorar a proposta da xerencia e novas medidas a tomar.