miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Comeza o proceso para a renovación do pavimento de seis rúas de Ribeira

Comeza o proceso para a renovación do pavimento de seis rúas de Ribeira
Comeza o proceso para a renovación do pavimento de seis rúas de Ribeira

As empresas interesadas na presentación de propostas dispoñen de marxe ata o 12 de decembro

O Concello de Ribeira informa de que foi licitada unha actuación dirixida á renovación do pavimento e dos servizos de seis rúas situadas na cidade de Ribeira: Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Ramón Aller, Amor Ruibal, Fernández Flórez e Ramón Cabanillas, todas selas enclavadas no entorno do cemiterio municipal de Santa Uxía.

As rúas mencionadas dispoñen dun pavimento asfáltico en mal estado, mentres que as redes de saneamento e pluviais son deficitarias ou, nalgúns casos, inexistentes. Ademais, carecen de separativo de augas fecais e pluviais.

O obxectivo que se persegue coa actuación reside en pavimentar as devanditas rúas con aglomerado asfáltico previa demolición dos pavimentos actuais. Así mesmo, instalaranse novas redes de saneamento e pluviais con tubaxes de PVC de 250 e 315 milímetros de diámetro. O proxecto inclúe o pintado das marcas viarias.

O prazo da actuación son cinco meses e o prezo de licitación ascende a 163.813 euros, IVE incluído.

Comentarios
Lo más