miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Brión Inclúe será un gran festival pensado para unha inclusión transversal

Brión Inclúe será un gran festival pensado para unha inclusión transversal
Brión Inclúe será un gran festival pensado para unha inclusión transversal

As persoas con discapacidade serán as protagonistas desta oferta cultural como creadoras de cultura, ofrecendo á cidadanía unha programación cultural de calidade e variada

A sala municipal de exposicións de Brión acolleu o pasado xoves a presentación do festival Brión Inclúe, que do 5 ao 16 de decembro presentará á cidadanía unha programación pensada dende e para a inclusión real de persoas con discapacidade. 

Unha oferta organziada polo Concello de Brión, xestionada por CulturActiva e cofinanciada por Gadis, que inclúe unha exposición de fotografía, obradoiros, teatro, música, danza...

A iniciativa foi presentado polo alcalde de Brión, José Luís García, e Fran Rei, coordinador do festival Brión Inclúe, que estiveron acompañados por usuarios e usuarias da asociación “Con eles”, da man de Dolores Maneiro; e do técnico de Cultura de Brión, Alberto Álvarez. 

O alcalde brionés explicou que “moitas veces, dende os poderes públicos nos centramos en facer cousas polas persoas con discapacidade; e nos esquecemos de facer cousas coas persas con distinta capacidade. E desta idea xurde Brión Inclúe: un festival que non produce contidos para persoas con discapacidade, senón que elas mesmas serán os creadores dunha ampla oferta cultural que incluirá: representacións teatrais, espectáculos de música e danza, contacontos, coloquios sobre arte, unha exposición fotográfica e ata un contacontos e un obradoiro de iniciación á linguaxe de signos. Unha programación cultural completa e de calidade da que estou seguro que desfrutarán moito os veciños e veciñas de Brión”.

Un punto no que incidiu Fran Rei, quen agradeceu a colaboración do Concello de Brión e convidou á veciñanza de Brión a asistiren aos espectáculos “cun ollo crítico, non por lástima”, xa que o obxectivo de Brión Inclúe é presentar “unha programación de calidade, normalizando e visibilizando a discapacidade como parte propia da cidadanía”. 

Un festival que tamén aporta integración ás familias das persoas con discapacidade, que vivirán a integración real, o acceso integral á cultura e os beneficios que isto achega tanto a nivel de recoñecemento social como de propia autoestima.

PROGRAMACIÓN

Os verdadeiros protagonistas do Brión Inclúe son os distintos colectivos, asociacións e profesionais que traballan cada día pola integración e a eliminación de barreiras como a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), a asociación Con Eles, Cía 5.S, XeRock e Andaina Pro Saúde Mental. A programación completa do festival Brión Inclúe é a seguinte:

- Mércores 5 de decembro, de 10.00 a 12.00 horas. CEIP de Pedrouzos. Contacontos en linguaxe de signos + Obradoiro de iniciación á linguaxe de signos a cargo da Federación de Asociacións de Persoas Xordas.

- Do luns 10 ao domingo 16 de decembro. Centro social polivalente. Exposición fotográfica de Óscar Dacosta (AGARESO).

- Mércores 12 de decembro, ás 20.30 horas. Sala de exposicións municipal. Coloquio aberto: “Artes e Inclusión”. Espazo de debate entre axentes culturais, traballadores/as, voluntarios/as e usuarios/as das diferentes asociacións ou colectivos.

- Venres 14 de decembro, ás 18.00 horas. Centro social polivalente. Representación teatral “Circo da Diversidade”, da Asociación Con Eles.

- Venres 14 de decembro, ás 20.30 horas. Centro social polivalente. Representación teatral “Full Monty”, da Asociación Andaina Pro Saúde Mental.

- Sábado 15 de decembro, ás 20.30 horas. Centro social polivalente. Danza-teatro “Torre de Babel”, da Compañía 5.S.

- Domingo 16 de decembro, ás 12.00 horas. Centro social polivalente. Sesión vermú dinamizada polo cómico Pedro Brandariz con concerto de XeRock, mercado de colectivos e grande sorpresa. 

Comentarios
Lo más