miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Partido Popular demanda a apertura inmediata do aparcamento de Conxo

O Partido Popular demanda a apertura inmediata do aparcamento de Conxo
O Partido Popular demanda a apertura inmediata do aparcamento de Conxo

Os Populares consideran que a apertura deste aparcamento, xunto co establecemento dun sistema de rotación, facilitaría que os veciños e visitantes podan deixar os vehículos nesta área e trasladarse a facer as súas compras con maior comodidade

O Goberno de Compostela Aberta mantén pechado, a día de hoxe, o aparcamento de Conxo, despois de levar máis dun mes rematado. 

Os populares veñen recibindo queixas de veciños que se preguntan cales son as razóns polas que continúa sen abrirse ao público un espazo que serviría de revulsivo para o pequeno comercio desta zona de Santiago. Esta instalación suporía tamén dar vida ao comercio do barrio e o das zonas limítrofes, ademais de dar cobertura a unha demanda que os veciños e usuarios desta área levan anos demandando.

O grupo que dirixe Agustín Hernández consideran que a apertura de este espazo, xunto coa instalación dun sistema real de rotación, no como no tan denunciado caso do aparcamento de Pontepedriña, onde o "desleixo o Goberno de Martiño Noriega" conseguiu que o fin para o que estaba concibido non teña lugar.

O bo funcionamento do aparcamento de Conxo facilitaría a veciños e visitantes, ademais de traballadores da zona, puideran deixar os seus vehículos para trasladarse a facer tanto as súas compras como calquera outro trámite con maior facilidade.

Este aparcamento en superficie, que leva rematado hai máis dun mes e que contou cun orzamento de 100.000 euros, ten 70 prazas e estaba pensado, como dicíamos, para a dinamización comerciar do barrio. Así mesmo, a instalación, que está situada nas inmediacións do cruce da avenida de Ferrol e a rúa Conxo de Arriba, contaría cun sistema de rotación de vehículos.

O acceso para os peóns farase por un camiño dende a praza, fronte á rúa Sánchez Freire ata o paso de cebra da rúa Conxo de Arriba.

Comentarios
Lo más