miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Xoán Bascuas, candidato por CxG, presentou a súa candidatura como alternativa

Xoán Bascuas, candidato por CxG, presentou a súa candidatura como alternativa
Xoán Bascuas, candidato por CxG, presentou a súa candidatura como alternativa

A intervención de Xoán Bascuas consistíu en ir ligando o seu percorrido vital por Santiago con diferentes problemáticas da cidade e diversas propostas para as mesmas

Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia, vén de presentar publicamente as súas credencias para as vindeiras eleccións municipais do vindeiro ano. Nun acto, que tivo lugar na sala diáfana da Sede da Obra Social de Abanca, contou coa presenza de 300 asistentes.

A presentación correu a conta da Secretaria local, Silvia Suárez, e contou coas intervencións da Alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso; e co Alcalde de Lalín, Rafael Cuiña. Precisamente os dous rexedores amosaron a capacidade para gobernar da forza galeguista.

A intervención de Xoán Bascuas consistíu en ir ligando o seu percorrido vital por Santiago con diferentes problemáticas da cidade e diversas propostas para as mesmas.

Entre as diferentes alternativas que formulou o candidato galeguista cómpre destacar o Pacto polo Rural de Santiago, a proposta para o desenvolvemento do espazo do colexio Peleteiro, o Plan de Emprendemento para estudantes da USC, ou o Instituto Municipal de Crédito.

Bascuas insistíu na súa vocación de diálogo, de concertación e de acordo, tanto na Corporación municipal como na relación coa Xunta de Galicia. Isto contrapúxoo co acontecido coa depuradora ou coa estación intermodal.

Finalmente apelou á complicidade da cidadanía santiaguesa para que non permitan que a cidade se convirta no escenario dun duelo entre dous pistoleiros. “Nun pleno no que non haberá maiorías absolutas, Compromiso será garantía de pontes tendidas, de diálogo permanente e vixilancia do cumprimento do acordado coa cidadanía”, rematou o candidato

Comentarios
Lo más