miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Negreira acolle hoxe "Asubíos", programa "FalaRedes"

Negreira acolle hoxe "Asubíos", programa "FalaRedes"
Negreira acolle hoxe "Asubíos", programa "FalaRedes"

A obra está especialmente indicada para familias con cativada desde os tres anos de idade


s comarcas da Barcala e de Ourense acollen o vindeiro domingo as actividades ‘FalaRedes’, o programa de dinamización que a Consellería de Cultura e Turismo impulsa a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL). 

A prestixiosa compañía de teatro do Elefante Elegante levará a peza teatral ‘Asubíos’ á localidade de Negreira (no Centro Sociocultural, ás 13:00 horas). 

A entrada, como é habitual neste programa da Xunta de Galicia, é libre e de balde, ata completar a capacidade dos espazos programados.

‘Asubíos’ é a quinta actividade do 'FalaRedes 2018', unha peza teatral inspirada no universo literario do escritor Mia Couto e no conto “O frautista de Hamelín” recollido polos irmáns Grimm. 

Se no orixinal do mozambicano o asunto de fondo era a racismo, na reinterpretación que fai a compañía do Elefante Elegante o eixo temático muda e oriéntase ao medio natural e á necesidade de vivir en harmonía con el. 

Comentarios
Lo más