miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Desaloxan unha residencia da terceira idade despois de producirse un incendio no seu cadro eléctrico

Ninguén resultou ferido e os danos materiais rexistrados limitáronse ao cadro de contadores

Un incendio nun cadro de contadores obrigou a desaloxar esta mañá unha residencia de enfermos do Campo do Sacramento, en Cee.

Por fortuna, ninguén resultou ferido e os danos materiais rexistrados limitáronse ao cadro de contadores situado nun soto onde comezou o lume.

Como medida preventiva mentres duraron os labores de extinción, os voluntarios de Protección Civil e os axentes da Policía Local procederon á evacuar aos enfermos.

Foi o propio persoal do centro quen deu a voz de alarma mediante unha chamada ao 112 Galicia cando pasaban das 11:30 horas de hoxe. 

Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias avisou aos Bombeiros de Cee para sufocar o incendio que causou danos no cadro de contadores sen que se visen afectadas outras zonas.  

Comentarios
Lo más