miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un vehículo choca contra unha igrexa nas Somozas

Un vehículo choca contra unha igrexa nas Somozas
Un vehículo choca contra unha igrexa nas Somozas

Sucedeu preto das dez da noite na estrada das Somozas a Moeche

O 112 Galicia rexistrou onte outro accidente no que tamén tiveron que intervir os bombeiros debido a outro condutor atrapado nun coche que bateu contra unha igrexa. Sucedeu preto das dez da noite na estrada das Somozas a Moeche.

Segundo a persoa que chamou ao 112 Galicia para alertar, o coche saíuse da vía e chocou contra a Igrexa das Somozas. Como consecuencia do impacto, o condutor quedou atrapado no interior do vehículo, polo que tiveron que intervir os Bombeiros do Eume e os membros do GES de Ortigueira.

Unha vez liberado o ferido, foi evacuado ao centro hospitalario de referencia unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias.

Comentarios
Lo más