miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Lousame acolle hoxe os espectáculo "Os fabulosos cleaners"

Lousame acolle hoxe os espectáculo "Os fabulosos cleaners"
Lousame acolle hoxe os espectáculo "Os fabulosos cleaners"

O espectáculo conta a historia de dous operarios da limpeza do teatro que descobren por casualidade as posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón

A Casa da Cultura de Lousame acollerá hoxe domingo 2 de decembro, ás 19:00 horas, o espectáculo “Os fabulosos cleaners”, de Malasombra Producións. 

Os actores Xoque Carbajal e Jouse García presentarán en Lousame un sorprendente espectáculo visual con pompas de xabón. Unha actuación recomendada para todas as idades e de acceso libre e de balde ata completar aforo.

O espectáculo conta a historia de dous operarios da limpeza do teatro que descobren por casualidade as posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. 

A partir de aí, durante unha hora o público lousamiá sorprenderase e gozará dun espectáculos de máxicas burbullas: pompas transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes, estáticas ou voando por todo escenario.

“Os fabulosos cleaners” está dirixido por Marcos Orsi e Xoque Carbajal, sobre unha idea orixinal de Luís Beviá e o propio Xoque Carbajal. Un espectáculo cheo de cor e humor organizado polo Concello de Lousame, en colaboración coa Deputación da Coruña, Malasombra Producións e Escena Galega.

Comentarios
Lo más