Brión acolle hoxe a actuación de "Trangalleiro Teatro"
11:09 01/12/18
11:09 01/12/18
Con esta representación péchase o “Outono cultural”, un programa organizado polo Concello de Brión
O centro social polivalente de Brión acollerá hoxe sábado 1 de decembro, ás 20:30 horas, a actuación de “Trangalleiro Teatro”, un grupo brionés de teatro afeccionado que estreará a súa obra “En tódalas casas se cocen fabas... e na miña a toneladas”. A entrada é libre e de balda ata completar aforo.
Con esta representación péchase o “Outono cultural”, un programa organizado polo Concello de Brión en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña e o programa Ler Conta Moito e que ofreceu nove actividades culturais gratuítas para toda a veciñanza, entre teatro, contacontos e música.