miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Oroso aproba unha moción para demandar un reparto xusto dos fondos das Xunta a entidades locais

Oroso aproba unha moción para demandar un reparto xusto dos fondos das Xunta a entidades locais
Oroso aproba unha moción para demandar un reparto xusto dos fondos das Xunta a entidades locais

Aprobada unha moción impulsada polos socialistas para esixir “criterios obxectivos na asignación”

O pleno do Concello de Oroso aprobou unha moción presentada polo grupo socialista para demandar á Xunta un reparto xusto dos fondos destinados ás entidades locais, así como regular “mediante unha lei autonómica consensuada coa Fegamp, o financiamento dos concellos galegos”.

No texto da moción, o grupo liderado polo alcalde, Manuel Mirás, esixe “criterios obxectivos na asignación e no reparto dos fondos dirixidos aos concellos, como xa se fai dende o goberno socialista da Deputación da Coruña; é fundamental que a Xunta de Galicia que dirixe o Partido Popular poña fin á discrecionalidade e ao reparto partidista”.

Na defensa da iniciativa, o concelleiro Antonio Leira lembrou que “os concellos somos a administración máis próxima á cidadanía, estando en contacto directo coa veciñanza; tamén somos a administración cun menor endebedamento e tamén asumimos competencias impropias, que deberían asumir outras administracións”.

“Cada concello ten a súas circunstancias e prioridades, e deberíamos contar cun financiamento axeitado, onde se permita aos concellos decidir en que se invisten os fondos, e non depender dun reparto de fondos discrecional", engade o texto.

O Plan Único, creado en 2017 polo Goberno da Deputación, unifica os antigos plans de investimentos (POS, PAS e PAI) e 11 liñas de subvencións nunha única convocatoria anual, permitindo aos concellos non só unha mellor planificación, senón maior axilidade na tramitación, máis autonomía local para decidir en que invisten os fondos provinciais e transparencia na asignación de recursos.

“Queremos reclamar á Xunta transparencia no reparto de axudas, e en definitiva que muden as formas de actuar por un modelo propio do século XXI, onde non procede o escurantismo; o goberno galego repartíu ‘a dedo’ e con criterios subxectivos 22,5 millóns de euros en catro plans de infraestruturas e equipamentos durante os últimos dous anos”, engade a moción.

Comentarios
Lo más