Ribeira abre o seu Belén Municipal
Cómpre resaltar que este ano o belén conta cun novo pesebre e outro poboado, construídos integramente polos usuarios do taller de carpintería da unidade de día do Servizo de Drogodependencias
Dende onte á tarde, os veciños xa poden disfrutar do Belén Municipal que, como cada ano, preside a praza da Porta do Sol diante da Igrexa Parroquial de Santa Uxía. Ata alí se desprazou o alcalde Manuel Ruiz con motivo da apertura do nacemento nun pequeno acto que estivo amenizado pola charanga Os Santiaguiños.
Cómpre resaltar que este ano o belén conta cun novo pesebre e outro poboado, construídos integramente polos usuarios do taller de carpintería da unidade de día do Servizo de Drogodependencias, que se ocuparon tamén de proporcionarlle unha renovada decoración a base de materiais reciclables.
Conos en todas as parroquias
Ademais, as luces navideñas xa iluminan dende hoxe todo o municipio. En total son máis de 500 os elementos luminosos instalados, entre os que hai que destacar como novidade a colocación de conos en forma de árbore de Nadal en todas as parroquias, ao que se sumará a partir do xoves próximo un no Malecón de nove metros de alto.
Desta forma, o Concello adianta en case unha semana o inicio da iluminación navideña, que por contrato estaba prevista para o vindeiro 6 de decembro como é habitual cada ano.
Ademais, cómpre recordar que por petición da Asociación de Empresarios o acendido do árbore de Nadal e as luces das rúas comerciais da cidade tivo lugar o pasado sábado coa fin de incentivar a asistencia de potenciais clientes durante a celebración da Noite Aberta.