miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Valedora do Pobo investigará o retraso nos recibos dos comedores escolares de Ames

A Valedora do Pobo investigará o retraso nos recibos dos comedores escolares de Ames
A Valedora do Pobo investigará o retraso nos recibos dos comedores escolares de Ames

O concello de Ames ten que enviar toda a documentación correspondente á Valedora do Pobo

Unha notificación da Valedora do Pobo ao que puido ter acceso COMPOSTELA24HORAS afirma que a institución mandou un requerimento ao concello de Ames o pasado 19 de novembro para que se lle remita toda a documentación para coñecer os problemas dos retrasos nos recibos dos comedores escolares e outras actividades de concilación familiar.

Desta maneira, as queixas dos pais e nais de Ames volven a estar enriba da mesa despois de novas queixas polos novos retrasos nos recibos. Algunhas familias teñen que pagar preto de 800 euros nestes servizos.

SEGUEN OS ATRASOS COS RECIBOS

Fai un par de semanas o concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, falaba a este periódico para aclarar que levan facendo "unha regularización dos cobros dende o inicio do 2018", nesta regularización aclaraba que os recibos pasarán a cobrarse entre o 20 e 30 do mes seguinte.

Onte, pais e nais puxéronse en contacto con COMPOSTELA24HORAS para asegurar que a 30 de novembro aínda no cargaron o recibo correspondente de setembro do servizo de comedor.

Tamén compre recordar que na ordenanza reguladora do servizo se recolle que o cobro deste recibo ten que facerse a mes vencido, cousa que non se está a cumprir.

Comentarios
Lo más