miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Dous feridos nunha colisión frontal en Camariñas

Dous feridos nunha colisión frontal en Camariñas
Dous feridos nunha colisión frontal en Camariñas

Os feridos estaban totalmente accesibles para os servizos sanitarios

Dous feridos deixou este mediodía un choque frontal entre dous turismos en Camariñas.

Ás 12:00 horas, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia era informado dunha colisión frontal entre dous turismos que circulaban á altura do cruce da DP-1601, en Camelle.

Aínda que o alertante asegurou que os feridos estaban totalmente accesibles, ademais dos servizos sanitarios de urxencia, os Bombeiros de Cee, tras ser alertados polo 112 Galicia, tamén se desprazaron ata o punto.

Así mesmo, os xestores do 112 informaron da situación aos axentes de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Comentarios
Lo más