miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Segunda vez que Florian Henckel gaña o Premio do Público de Cineuropa

Segunda vez que Florian Henckel gaña o Premio do Público de Cineuropa
Segunda vez que Florian Henckel gaña o Premio do Público de Cineuropa

O público de Cineuropa volveu recoñecer o bo facer do cineasta outorgándolle a Obra sen autor a mellor puntuación dos filmes que conforman a Sección Oficial Europea

Mais o de Henckel non foi o único galardón desta 32ª edición do Festival. O concelleiro de Educación, Manuel Dios Diz, entregou o Premio Dereitos Humanos ao filme Last men in Aleppo, do cineasta sirio Feras Fayyad, un necesario documental que pon sobre a mesa o dilema ao que se enfrontan cada día os Cascos Brancos e os máis de 350.000 habitantes de Alepo: abandonar o país coas súas familias e buscar refuxio ou quedar e loitar ata o final para defender a súa cidade.

O segundo Xurado Novo de Cineuropa outorgou os Premios do Xurado Novo de seis categorías. Aldara Pagán, Ángel López Rivas, Antía Díaz López, Laura Sixto, Gonzalo Rodríguez de Uña, Sara García Cabeza e Xoán Fernández Diz escolleron como mellor filme Longa viaxe do día cara á noite, de Bi Gan; e outorgáronlle o premio á mellor dirección a Claire Denis por High Life; mellor guión para Peter Strickland por In fabric; mellor interpretación feminina para Alina Nasibullina, protagonista de Cisne de cristal; e mellor interpretación masculina para Félix Maritaud por Sauvage. Alén destes premios, os sete mozos e mozas do Xurado Novo recoñeceron cunha mención especial a ópera prima de Alisa Berger, Os corpos dos astronautas.

Aos recoñecementos outorgados polo público e o Xurado do Festival, cómpre sumar os Premios Cineuropa 2018, que distinguiron o labor e a filmografía de Isaki Lacuesta, Ángela Molina e Antonio Durán "Morris".

Diferentes actividades engrosaron o programa desta 32ª edición de Cineuropa. Entre elas cómpre salientar a sesión na que a Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección de Helmut Imig, musicou en directo ese clásico do cinema expresionista que é á película muda O gabinete do doutor Caligari, de Robert Wiene.

Finalizou así a trixésimo segunda edición do Festival Cineuropa. Atrás quedaron 22 días de cine no que se exhibiron 307 filmes ante 21.255 asistentes en oito sedes compostelás, cunha media dunhas 1.000 persoas cada día. 

Comentarios
Lo más