miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Asociación Galega de Linfedema organiza unha xornada especializada sobre a doenza

A Asociación Galega de Linfedema organiza unha xornada especializada sobre a doenza
A Asociación Galega de Linfedema organiza unha xornada especializada sobre a doenza

A cita terá lugar hoxe ás 18:30 horas no salón de actos na planta baixa do Hospital Clínico

A Asociación Galega de Linfedema (AGL), entidade que forma parte de COGAMI, organiza unha xornada especializada para falar sobre esta doenza que se calcula que en Galicia aféctalle a 50.000 persoas.

Baixo o lema Non queremos ser invisibles para a sociedade, nesta xornada participarán especialistas no tratamento e coidado desta doenza de medicina rehabilitadora, cirurxía, fisioterapia e ortopedia.


A cita terá lugar hoxe ás 18:30 horas no salón de actos na planta baixa do Hospital Clínico de Santiago de Compostela.


Comentarios
Lo más