miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Concello de Oroso demanda a inclusión dun novo centro de día nos orzamentos da Xunta do 2019

O Concello de Oroso demanda a inclusión dun novo centro de día nos orzamentos da Xunta do 2019
Foto de archivo
O Concello de Oroso demanda a inclusión dun novo centro de día nos orzamentos da Xunta do 2019

Tamén demandou melloras no saneamento do rural e na Edar de Sigüeiro

O Concello de Oroso demandou, a través das emendas presentadas polo grupo parlamentario socialista aos orzamentos da Xunta de 2019, a construción dun novo centro de día, así como melloras no saneamento do rural e na Edar de Sigüeiro.

“A Xunta ignora Oroso a pesares do noso crecemento vexetativo, nos últimos anos tivemos moi poucos investimentos do goberno autonómico no noso concello, é unha situación inxusta que ten que cambiar”, sostén o alcalde, Manuel Mirás.

As melloras no saneamento en núcleos rurais estás valoradas en 400.000 euros, polos 150.000 euros nos traballos solicitados na Edar de Sigüeiro. “En nove anos, nin Augas de Galicia nin nigunha consellería da Xunta aportou nada ao Concello de Oroso para obras de saneamento e abastecemento”, explica Mirás.

Á marxe destas peticiones, o Concello de Oroso demanda un investimento de 700.000 euros nos orzamentos da Xunta para a posta en marcha dun novo Centro de Día no municipio. “A política social recae en gran medida nos concellos, outro aspecto que ten que cambiar, non hai un equilibrio”, remata Manuel Mirás.

Comentarios
Lo más