O PP volverá a esixirlle ao Goberno local medidas para reutilizar as cabinas telefónicas e activar no seu lugar novos usos gratuítos
A infraestrutura física e tecnolóxica das máis de 30 cabinas existentes en Santiago, situadas en lugares estratéxicos, facilitarían a prestación de distintos servizos públicos gratuítos, desde redes wifi a difusión de informacións
Ante a inminente desaparición das cabinas telefónicas, como consecuencia da anunciada intención da Administración do Estado de deixar sen efecto a obriga de mantelas por parte de Telefónica de cara ao ano 2019, o Grupo Municipal Popular vai presentar unha nova iniciativa no pleno para lembrarlleo acordo unánime –mesmo co apoio de Compostela Aberta- adoptado hai dous anos e medio, froito dunha proposta deste Grupo.
De todos é sabido a costume que ten o equipo de Goberno de deixar caer en “saco roto” calquera iniciativa aprobada no Pleno do Concello, sobre todo, parece “terlle especial manía” ás propostas que se aproban por unanimidade. Daquela, en marzo de 2016, a iniciativa do grupo Municipal Popular pretendía adiantarse aos claros indicios que apuntaban á desaparición dest servizo, ante o avance dos teléfonos móbiles que reduciron á mínima expresión o uso dos terminais públicos, A contracción da demanda provocou unha retirada progresiva de cabinas en todo o territorio nacional nos últimos anos, en paralelo co acontecido no conxunto da Unión Europea, aínda que mantendo a cifra esixida pola normativa vixente, hoxe establecida nunha única cabina en concellos de máis de 1.000 habitantes e 1 cabina máis por cada 3.000 habitantes.
Aínda que o Goberno estatal veu demorando á medida, as evidencias no descenso do uso, os informes das Comisión Europea e da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia e as pautas adoptadas por outros países europeos, fan inevitable a medida e xa se ten elaborado un texto normativo que superou o trámite de audiencia e información pública e que está previsto aprobar en cuestión de días.
Por este motivo, o Grupo Popular demandará que o Goberno de Compostela Aberta actúe canto antes para cumprir o acordado en 2016, cando se aprobaba o “estudo, deseño e posta en marcha de medidas para a implantación novos servizos para as telecomunicacións de uso gratuíto (rede wifi, cargadores de dispositivos móbiles, chamadas de emerxencias ou difusión de contidos multimedia) que aproveiten o emprazamento e a infraestrutura das cabinas telefónicas públicas en desuso dentro do termo municipal de Santiago de Compostela”. Deste entón, non se ten constancia de ningunha acción ni se aprecia ningún avance por parte do Concello.
Segundo os datos da propia Telefónica, en Santiago existen algo máis de 30 cabinas telefónicas e todas elas, con independencia do seu estado, ofrecen unha infraestrutura física e tecnolóxica que cumpriría aproveitar. Para os populares, é evidente que a iniciativa permitiría aproveitar o potencial das actuais instalacións telefónicas que, cunha axeitada adapatación do seu deseño e funcionalidade, pasarían de ser case unhas reliquias a centros dixitais para uso público e atractivos puntos para a información e difusión de contidos multimedia.