miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Medio Ambiente e Compostela Monumental colaborarán para promover o uso de bolsas reutilizables no casco histórico

Medio Ambiente e Compostela Monumental colaborarán para promover o uso de bolsas reutilizables no casco histórico
Medio Ambiente e Compostela Monumental colaborarán para promover o uso de bolsas reutilizables no casco histórico

O obxectivo é fomentar o uso de bolsas reutilizables entre os comerciantes do casco histórico

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse onte con representantes da asociación Compostela Monumental que lle trasladaron a posibilidade de colaborar conxuntamente nun proxecto piloto para fomentar o uso de bolsas reutilizables entre os comerciantes do casco histórico de Santiago.

Con este obxectivo, segundo lle explicou o presidente da entidade, José Manuel Bello Rey, Compostela Monumental traballará no deseño dunha bolsa de material ecolóxico que sirva para promocionar a imaxe dun casco vello sustentable pola vía do fomento de prácticas de consumo máis respectuosas co medio ambiente.

O presidente da asociación tamén aproveitou a xuntanza para amosar a súa satisfacción polos últimos avances na tramitación da futura Lei de Rehabilitación, a primeira normativa deste tipo coa que contará Galicia e cuxo anteproxecto foi remitido o mes pasado ao Consello Económico e Social para sometelo á súa consulta e valoración.  Compostela Monumental forma parte da Confederación Española de Cascos Históricos (COCAHI), unha organización que preside tamén José Manuel Bello Rey e que ten coma obxectivo principal defender os intereses dos comerciantes destas zonas e promover actuacións públicas ou privadas co obxectivo de conservar, protexer e promocionar os cascos antigos de todo o país.

Comentarios
Lo más