miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Onte presentouse a "Guía práctica para o diagnóstico e tratamento das lipodistrofias"

Onte presentouse a "Guía práctica para o diagnóstico e tratamento das lipodistrofias"
Foto de arquivo
Onte presentouse a "Guía práctica para o diagnóstico e tratamento das lipodistrofias"

No acto participaron endocrinos e asoación de pacientes afectados

A Xerente da Xestión Integrada de Santiago (XXIS), Eloína Núñez; o vicerreitor de estudiantes, Víctor Arce; o decano da facultade de Medicina, Julián Álvarez; o Presidente da Federación Española de Enfermedades Raras, Juan Carrión; a Presidenta da Asociación de Familiares y Afectados de Lipodistrofias (AELIP) Naca Pérez de Tudela; e David Araújo, responsable da Unidade e Lipodistrofias do Servicio de Endocrinoloxía e Nutrición da XXIS e Profesor Titular de Medicina, asistiron ao acto de presentación da Guía práctica para o diagnóstico e tratamento das lipodistrofias. No transcurso do acto tamén se fixo pública a sinatura dun convenio de colaboración entre AELIP e a Fundación do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, para axuda á investigación en lipodistrofias.

A guía é froito do labor da Unidade de Lipodistrofias do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición da Xerencia de Santiago que leva traballando neste eido, tanto na vertente asistencial como investigadora, máis de 15 anos. Está pensada para servir de axuda non só a endocrinólogos e pediatras senón tamén a outros especialistas e médicos de atención primaria no diagnóstico e tratamento de este grupo tan heteroxéneo de doenzas raras como son as lipodistrofias.

A unidade, a día de hoxe, forma parte do CSUR de enfermidades metabólicas conxénitas de Santiago, e recibe doentes de toda España. Dende entón leva diagnosticados e tratados mais de 200 doentes con diferentes subtipos de lipodistrofia. Foi a primeira (e a única) en España en utilizar, dende 2009, a leptina recombinante humana pra tratar a algúns destes doentes (fármaco recén aprobado pola Axencia Europea do Medicamento). As liñas prioritarias de investigación son as Lipodistrofias conxénitas, e particularmente a Encefalopatía de Celia, unha doenza mortal na segunda infancia que foi descuberta e caracterizada polo grupo de investigación que lidera David Araújo en 2013 (só se teñen descrito ata hoxe 10 casos no mundo -7 deles en España-). 

No 2017 a asociación internacional de familiares e afectados de Lipodistrofias (AELIP) propúxolle á unidade elaborar unha Guía de diagnóstico e tratamento das Lipodistrofias en castelán, pensando, sobre todo, nos profesionais de América Latina. Estas doenzas son mal coñecidas incluso entre os especialistas debido a súa moi baixa polivalencia e heteroxeneidade fenotípica, polo q pensamos que pode ser de grande axuda tanto pra pediatras como endocrinólogos, máis tamén pra os médicos de Atención Primaria.

Comentarios
Lo más