O BNG de Boiro organiza unha xornada de información da subida do recibo da luz
Terá lugar o sábado 1 ás 19:00 horas no Centro Social
Na rolda de onte, presentouse o acto público que vai haber sábado día 1, de 19:00 horas a 20:00 horas no Centro Social de Boiro e no que se falará da subida do recibo da luz destes últimos anos e da necesidade dunha tarifa eléctrica galega.
Para elo contarase coa presenza de Francisco Xavier Santamaría, enxeñeiro e técnico enerxético, que dará nas claves de ditas subidas, e con Manuel Requeijo, alcalde de Muras, concello de Lugo, que ten o recibo da luz máis barato do estado español e que nos contará como conseguiron esa tarifa.
Galiza, produtora excedentaria de enerxía eléctrica, pagará o 34% do “suplemento territorial” (imposto incluído nunha nova Orde Ministerial que se quer por en marcha), namentes Madrid, comunidade non produtora e si consumidora, pagará tan só un 2,1%. O goberno con esta normativa penaliza a quen produce e beneficia a quen consome.
Por todo eso dende o BNG propoñen:
1- Unha tarifa eléctrica propia para Galiza atendendo aos verdadeiros custos de produción.
2- Eliminación dos suplementos territoriais
3- Baixada do IVE na factura eléctrica (está nun 21% e pedimos un 4%, lembrar que as touradas teñen o 10%)
4- Garantir a subministración eléctrica a toda a poboación
5- Creación dunha empresa pública galega que integre os encoros que remataron o
período de concesión.