Os patinetes eléctricos non poderán circular polas calzadas
Tampouco poderán superar a velocidade máxima de 25 km/h
A velocidade máxima dos patinetes eléctricos será de 25 kilómetros por hora e non poderán circular polas aceras . Así o incluirá, no real decreto que está elaborando, a Dirección Xeral de Tráfico para regular o uso dos Vehículos Móbiles Persoais (VMP) dentro dos que entra o patinete e para os que non se esixe carnet de conducir.
Jorge Ordás, subdirector de Xestión de Mobilidade da DGT explicou que os patinetes terán a clasificiación de vehículos de propulsión eléctrica e que deberán circular como máximo a 25 km/h. Ordas destaca que o primeiro que se quere defender é o peatón na acera.
Tráfico considera que, de maneira xeral, a circulación destes patinetes eléctricos debería realizarse polos carriles bici e sendas ciclistas, e tamén por xonas residenciais e rúas con velocidade limitada a 30 km/h.
Este decreto que está elaborando a DGT trata de dar firmeza á unica normativa que hai ata agora sobre os patinetes, unha instrucción do 2016 da propia DGT na que establece uns cirterios básicos a seguir polos concellos.