miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Volve o Campus Polideportivo de Nadal

Volve o Campus Polideportivo de Nadal
Foto de archivo
Volve o Campus Polideportivo de Nadal

Vai dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos, e terá lugar os dias 26, 27 e 28

A Escola Deportiva Santiago organiza un ano máis o seu Campus Polideportivo de Nadal, dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade. Con esta iniciativa preténdese ofrecer unha alternativa de conciliación para os pais e nais durante este periodo vacacional dos pequechos.

O Campus desenvolverase os días 26, 27 e 28 de decembro no campo de fútbol de As Cancelas e o pavillón Monte dos Postes en horario de 10:00 horas a 14:00 horas. Os participantes practicarán fútbol, fútbol sala, baloncesto, atletismo, xadrez, deportes alternativos como pode ser o béisbol e exercicios para mellorar a atención.

As inscricións poden realizarse por días soltos (16 euros por día) ou polo campus completo (40 euros). Hai descontos para segundos irmáns e familias numerosas (30 euros polo campus completo). Estes prezos inclúen as merendas e un seguro de accidentes deportivos. Ofrécese ademais un servizo de madrugadores desde as 9:00 horas por 5 euros. 

Os interesados en inscribir aos seus fillos ou fillas atoparán un formulario online na web www.escoladeportivasantiago.org Se teñen algunha dúbida, poden dirixirse ao correo electrónico escolasantiagocf@gmail.com ou chamar ao 697 408 573.

Comentarios
Lo más