miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Dúas persoas feridas ao chocar o seu vehículo cunha vivenda

Dúas persoas feridas ao chocar o seu vehículo cunha vivenda
Dúas persoas feridas ao chocar o seu vehículo cunha vivenda

Os dous ocupantes do vehículo foron trasladados polo persoal sanitario do 061

No concello ourensá da Rúa, dúas persoas resultaron feridas ao chocar o vehículo no que viaxaban contra un inmoble, despois de saírse da vía.

O accidente ocorreu á sobre a 01:45 horas desta madrugada. Foi a esa hora, cando un particular chamou ao 112 Galicia para alertar da existencia dunha persoa ferida a causa dunha saída de vía, na rúa Emilia Pardo Bazán, á altura do número 18.

Ata o lugar, desprazáronse ademais dos servizos sanitarios, os membros do GES de Valdeorras, que indicaron que o inmoble debido ao impacto, resultara bastante danado. Igualmente, dende o 112 Galicia tamén se informou da situación aos Bombeiros de Valdeorras e á Garda Civil de Tráfico.

Comentarios
Lo más