Colisión múltiple na SC-20, no barrio de Conxo
Solicitouse a colaboración dos axentes de Tráfico, Policía Local e Protección Civil
Ao fío das 08:30 horas de hoxe, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia era informado dun colisión múltiple na SC-20, en Conxo, á altura do enlace da AP-9, en Santiago de Compostela.
Segundo o relato dos alertantes ao 112 Galicia, ata cinco turismos podían estar implicados. Indicaban que todos os ocupantes dos vehículos estaban fora e non parecía que houbese persoas feridas. Aínda así, dende o 112 pasouse aviso ao 061-Urxencias Sanitarias.
Así mesmo, solicitouse a colaboración dos axentes de Tráfico, Policía Local e Protección Civil. Os Bombeiros da cidade e o persoal do servizo de mantemento da estrada tamén foron informados.
Aínda que os servizos de emerxencia, arestora, continúan a traballar no lugar dos feitos, persoal sanitario aseguraba que, polo momento, ningunha persoa fora trasladada.