Localizan o corpo sen vida do pescador desaparecido fai un mes en Camariñas
11:22 29/11/18
11:22 29/11/18
O pescador, de 25 anos, era veciño de Ames
O cadáver de Jefferson Stalin Rueda Guamán, de 25 anos e veciño de Ames, foi atopado hoxe xunto á antigua cetárea de Camariñas. Desaparecera fai un mes, na mañá do 28 de outubro cando participaba nunha quedada de pesca deportiva.
O aviso chegou sobre as 10:45 da mañá de hoxe, alertando de que viran un corpo flotando na auga cerca nunha praia próxima ao pobo de Camariñas.