Reanúdanse as actividades nos centros socioculturais de Santiago
O Comité de Empresa de Ferrovial Servicios chegou a un preacordo coa empresa
O Comité de Empresa de Ferrovial Servicios, actual concesionaria dos centros cívicos de Santiago de Compostela, emitiu un comunicado para agredecer o apoio recibido os previos á folga convocada para hoxe.
Afirman que despois de varios días de negociacións coa empresa, chegaron a un preacordo que cumpre as expectativas do Comité e do resto dos traballadores e traballadores. O preacordo foi ratificado en asemblea.
Añaden que conseguiron que a empresa se sentara a negociar para consolidar os salarios, reducir a xornada de traballo e que o persoal a tempo parcial poda promocionar na empresa aumentando a súa xornada e polo tanto o seu salario.
No comunicado informan que as actividades levaranse a cabo con normalidade en cada centro sociocultural.