Alcaldes da Mancomunidade hondureña NASMAR visitaron o Pazo de Raxoi
Os represtentanes da Mancomunidade NASMAR interviñan onte nun foro sobre a xestión da auga organizado por Enxeñería Sen Fronteiras
O alcalde, Martiño Noriega, presidiu onte a recepción a un grupo de representantes da Mancomunidade NASMAR, en Honduras. No acto participaron tamén a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e representantes de todos os grupos da Corporación.
Na visita ao Pazo de Raxoi participaron seis alcaldes e unha alcaldesa da Mancomunidade NASMAR, que onte interviñan nun foro sobre a xestión da auga organizado por Enxeñería Sen Fronteiras, financiado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e pola Xunta de Galicia, e no que tamén colaborou o Concello de Santiago. O encontro, que se desenvolveu na sede da EGAP, serviu para intercambiar experiencias sobre o dereito humano á auga desde a xestión municipal.