Bascuas propón "un carril verde" na avenida de Castelao
Propoñen a colocación de dous semáforos na avenida de Castelao, cunha sincronización temporal
Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia, propón a creación dun "carril verde" para poñer remedio aos accidentes de tráfico e atropelos que se están a producir na avenida de Castelao que o convirten nun punto negro dentro da cidade.
Propoñen a colocación de dous semáforos na avenida de Castelao, cunha sincronización temporal que permita "un carril verde", sobre todo en sentido ascendente, a unha velocidade de 30 km por hora. Deste xeito cando un vehículo arranque no primeiro semáforo poderá circular por toda a avenida sin atopar outro en vermello sempre que faga o seu percorrido a non máis de 30km hora facilitando a convivencia entre peóns e vehículos.
Prevendo a inminente apertura da variante de Aradas que diminuirá en grande medida o nivel de tráfico existente, a proposta da formación galeguista non é temporal xa que, ao valorar en conxunto ambas posibilidades, seguen a ver necesaria a posta en marcha dun carril verde.