COGAMI concentrouse para reivindicar a accesibilidade de todos os edificios de viviendas
Con esta acción quérese poñer fin á situación de discriminación que atravesan algunhas persoas con discapacidade
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) reivindicou onte a accesibilidade de todos os edificios de vivendas para que se poña fin á situación de discriminación que atravesan algunhas persoas con discapacidade que, sen ter cometido delito algún, non poden saír das súas casas por falta de accesibilidade. A miña casa non é a miña cárcere é o lema co que a Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica (COCEMFE) e as súas entidades, entre elas COGAMI, dan a coñecer a campaña #Arrestópolis, en referencia a aqueles edificios onde a falta de accesibilidade obriga a persoas con discapacidade a permanecer fechadas nas súas propias casas en contra a súa vontade.
Neste sentido, celebráronse concentracións en 37 cidades e vilas españolas, producíndose en Galicia nos concellos de Ourense, Muros, Pontevedra, Boiro, Vigo, Santiago, A Coruña, As Pontes, Lugo, Monforte de Lemos e O Carballiño, para reclamar que se modifique a Lei de Propiedade Horizontal e eliminar así a actual limitación económica de 12 mensualidades de gastos da comunidade para que sexa obrigatorio realizar as reformas de accesibilidade da mesma forma que as comunidades veciñais afrontan outras reformas ineludibles derivadas das condicións estruturais, a estanqueidade, a habilitación e a seguridade. “Neste acto pretendemos sensibilizar aos organismos públicos e á sociedade en xeral sobre a existencia de persoas con discapacidade que viven encerradas nas súas propias vivendas por falta de accesibilidade no seu edificio” manifestaba Ramón Sestayo, vicepresidente de COGAMI.