miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Corte de tráfico nun carril de servizo da rúa Cruceiro da Coruña

Corte de tráfico nun carril de servizo da rúa Cruceiro da Coruña
Corte de tráfico nun carril de servizo da rúa Cruceiro da Coruña

O corte tamén supón unha modificación no transporte urbano

A partir de hoxe comezan as obras de fresado e pavientación do carril de servizo do Cruceiro da Coruña en sentido saída cidade. Estímase que a duración sexa de 15 días.

As obras realizaranse en dous tramos:

- No primeiro, que abarca dende o cruce deste carril coa rúa Salgueirños de Abaixo ata a rotonda de Meixónfrío, quedará prohibido o estacionamento e a circulación (agás garaxes) mentres duren as obras, as cales se faran de día. Haberá habilitada unha zona de carga e descarga na parte alta da rúa Salgueiriños de Arriba para dar servizo aos comercios, servíndose tamén da que xa existe ao final da rúa.

- No segundo tramo, comprendido entre a rotonda da praza de España e o cruce co a rúa Salgueirños de Abaixo, as obras faranse de noite.

Por mor deste corte de carril de servizo, as liñas 1, P4 e P6 do transporte urbano circularán polo carril central da rúa Cruceiro da Coruña, en sentido saída cidade, quedando suprimidas as paradas 545, Cruceiro da Coruña 24; 546, Cruceiro da Coruña 52; e 74, Cruceiro da Coruña, cruce Mallou. As paradas alternativas serán a anterior e posterior á zona de corte: 551 San Caetano igrexa e 252 Meixonfrío rotonda.


Comentarios
Lo más