miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O BNG preguntará no pleno sobre as obras que estaban pendentes da rúa Valiño

O BNG preguntará no pleno sobre as obras que estaban pendentes da rúa Valiño
O BNG preguntará no pleno sobre as obras que estaban pendentes da rúa Valiño

No pleno de novembre de 2016 asegurouse por parte do concello que se ían facer as obras a inicios do 2017

O BNG de Santiago preguntaralle ao alcalde, Martiño Noriega, sobre o prazo de execución das obras de urbanización da rúa Valiño, na que hai un tramo sen urbanizar nun estado de abandono onde non hai beirarrúa, unha escaleira está a medio construír e hai un espazo perigoso para as crianzas que atallan á escola de Monte dos Postes.

O concelleiro de Espazos cidadáns, Dereito á vivenda e Mobilidade contestou no pleno de novembro de 2016 que as obras estaban contratadas e o proxecto en fase de redacción, que estaría a finais de 2016 redactado, ademais de ter unha partida orzamentaria de 78.000 euros para facer as obras a inicios de 2017.

Ante as queixas recibidas pola veciñanza da zona, que segue a padecer problemas polo mal estado en que se encontra este espazo público, o BNG quere instar o Goberno local a realizalas e coñecer cal é o prazo previsto para facer realmente estas obras.

Comentarios
Lo más