Xardín Desordenado hoxe na libraría Chan da Pólvora
06:30 29/11/18
06:30 29/11/18
A cita terá lugar ás 20:30 horas
Dende hai nove anos, Xardín Desordenado veñen poñendo música a poetas galegos e galegas, entre outros, Pepe Cáccamo, Yolanda Castañao, Olga Novo ou Carmen Kruckemberg. A súa música abarca dende o swing e o blues ata a bossa nova e o bolero. Nas súas xiras percorren a xeografía galega, visitan con frecuencia Portual e mesmo viaxaron ata Bos Aires.
Xardín Desordenado estarán, en forma de trío, na libraría Chan da Pólvora hoxe ás 20:30 horas, presentando o seu cuarto album Victoria da Luz adicado a María Victoria Moreno, protagonista das Letras Galegas 2018.