miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Iníciase unha obra de saneamento en Vixán, Carreira

Iníciase unha obra de saneamento en Vixán, Carreira
Iníciase unha obra de saneamento en Vixán, Carreira

A obrá está subvencionada polo Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

Iníciase unha actuación dirixida á ampliación da rede de saneamento no lugar de Vixán, en Carreira. O Concello de Riveira informa que a obra, que comporta un investimento de 11.769 euros, foi adxudicada á empresa Marqués de Marancán, S.L., e o prazo de execución é dun mes. A actuación foi subvencionada polo Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. 

A finalidade de esta acción é ampliar a rede de saneamento para dar servizo a máis veciños da zona. Para isto instalarase unha tubaxe de 160 metros de lonxitude de PVC de 250 milímetros de diámetro, así como catro pozos de rexistro. Todas as canalizacións irán soterradas en zanxa e o pavimento será reposto.

Comentarios
Lo más