miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Concello abriu expediente informativo a Ferrovial

O Concello abriu expediente informativo a Ferrovial
O Concello abriu expediente informativo a Ferrovial

O Concello mantivo unha reunión con traballadores e empresa para mediar nas negociacións abertas

Tras as queixas de empregados e usuarios dos centros socioculturais, o Concello de Santiago decidiu abrir expediente informativo a Ferrovial. Os traballadores e traballadoras pediran a apertura por incumprimento da normativa laboral ó baixar o salario base e "porque non respectaron o dereito de subrogación de seis persoas". Os técnicos municipais xa está ao tanto da orde, e pídeselles un informe de situación. Dende o Goberno afirman que "se hai que tomar algún tipo de medidas, que as propoñan". 

Como se solicituou, o Concello mantivo unha reunión con traballadores e empresa para mediar nas negociacións abertas para fixar un convenio colectivo. Ambas partes aproximaron posturas, aínda así, os traballadores seguen adiante coa folga prevista para mañá.


Comentarios
Lo más