Este mércores "Espazos par reflexionar" adícase á adolescencia
A sesión estará centrada na sexualidade e nos adolescentes
Hoxe o IES do Milladoiro acolle unha nova sesión de Espazos para reflexionar que estará centrada na sexualidade e nos adolescentes e será levada por Yolanda Gómez Bombín, pedagoga e traballadora de servizos sociais do Concello de Noia.
Continúase co ciclo de dúas charlas dirixidas pola pedagoga: o primerio relatorio celebrouse o pasado mércores cunha sesión destinada a familias con cativos/as de 0 a 6 anos, sobre as distitnas etapas dos crecemento saudable e como apostar por unha autonomía neste respecto.
Esta segunda charla terá lugar hoxe de 17:30 horas a 19:00 horas no IES do Milladoiro, e estará efocado na adolescencia e na importancia de decodificar as necesidades dos mozos/as que se atopan nesta etapa, potenciando así a súa autonomía. Trátase de conversar sobre como a sexualidade forma parte do proceso de construcción do ser humano e da persoa.
A sesión vai dirixida a nais e pais, avoas e avós ou persoas qeu queiran ter fillos e fillas. O obxectivo é que as propias familias compartan as súas experiencias, expectativas e ideas para apreder xuntos a mellor forma de achegar este tema ás e aos adolescentes.