Dúas persoas feridas ao envorcar o seu vehículo en Valdoviño
O accidente ocorreu sobre as 19:00 horas da tarde pasada
Dúas persoas resultaron feridas en Valdoviño tras envorcar o vehículo no que viaxaban.
Un dos feridos tivo que ser excarcerado polos Bombeiros de Ferrol ao quedar atrapado no interior do vehículo.
O accidente ocorreu sobre as 19:00 horas da tarde pasada. Foi a esa hora, cando un particular chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que un coche que circulaba pola AC-116, á altura da parroquia de Lago, dera varias voltas de campá e envorcara na cuneta. Aseguraba, ademais, que había xente no interior do vehículo.
Ata o lugar desprazáronse de inmediato, os técnicos dos servizos sanitarios de urxencia e os Bombeiros de Ferrol, tras ser alertados polo 112 Galicia. Así mesmo, os xestores de emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes de Tráfico e informaron da situación aos membros do GES de Mugardos.
A intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada tamén foi requirida polo 112 Galicia.