miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A vindeira fin de semana terá lugar o IV Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Artística

A vindeira fin de semana terá lugar o IV Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Artística
A vindeira fin de semana terá lugar o IV Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Artística

Unha vintena de clubs e 300 patinadores e patinadoras daranse cita neste campionato

O IV Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Artística terá lugar esta vindeira fin de semana, no cal participarán unha vintena de clubs chegados dende as provincias de A Coruña, Ourense e Lugo. Ao longo de todo o sábado e o domingo 300 patinadores e patinadoras saltarán á pista do pavillón Castelao I. Deportistas de todas as idades englobados dende as categoría de iniciación ata a absoluta.

O programa arrancará o sábado ás 9:30 horas e finalizará ás 20:30 horas, mentres que o domingo será dende as 10:00 horas ata as 20:00 horas. Este último día haberá unha exhibición por parte de tres campións. Unai Cereijo, campión de Europa e de España alevín; Luca Yáñez, campión de España infantil; e Paula Rey, terceira no Campionato de Europa na categoría alevín.

Comentarios
Lo más