A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur) inaugura hoxe a exposición "Con mans de muller"
A mostra poderá visitarse de luns a venres de 09:00 horas a 21:00 horas
A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur) inaugura hoxe, ás 12.30 horas no Claustro Alto do Colexio de Fonseca, a exposición Con mans de muller na que se reivindica o territorio rural como un ámbito para a innovación a partir da historia real de mulleres galegas.
A mostra, que poderá visitarse de luns a venres de 09:00 horas a 21:00 horas, ensina en 25 imaxes as historias de vida de mulleres do noso rural. Os traballos cotiáns elaborados en primeira persoa por mulleres diversas en idades e procedencias que evocan o saber popular e a tradición pero que tamén contribúen á modernidade, ao sustento de Galicia tanto a nivel económico como medioambiental e social.