miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Compromiso por Galicia advirte da inseguridade da Avenida de Barcelona

Compromiso por Galicia advirte da inseguridade da Avenida de Barcelona
Compromiso por Galicia advirte da inseguridade da Avenida de Barcelona

O seu candidato, Xoán Bascuas, reuniuse coa veciñanza para coñecer os problemas da zona

Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia, reuiniuse cun grupo de veciños e veciñas da Avenida de Barcelona preocupados polos diferentes problemas do seu lugar de convivencia. A reunión xirou sobre a falta de seguridade xa que se está a notar un aumento de presenza de persoas que crean problemas nos comercios e comunidades.

A veciñanza da contorna da Avenida de Barcelona reclaman maior presenza policial. Dende Compromiso demándase “que se dote de medios acordes a esta cidade ás comisarías da policía local e da nacional, así como o emprazamento dun grupo da Unidade de Prevención e Reacción en Santiago”.

Segundo a formación galeguistas, esta última medida vén propiciada porque na actualidade, cando hai un problema, esta unidade ten que desprazarse dende A Coruña ou Vigo.

Comentarios
Lo más