miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Onte tivo lugar a entrega do Premio Stephen Hawking do IES Rosalía de Castro

Onte tivo lugar a entrega do Premio Stephen Hawking do IES Rosalía de Castro
Onte tivo lugar a entrega do Premio Stephen Hawking do IES Rosalía de Castro

No acto participaron Carmen Pomar, conselleira de Educación,  Universidade e Formación Profesional, e Jean-Pierre Sauvage, Premio Nobel

Carmen Pomar, conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, participou onte no acto de entrega do Premio Stephen Hawking impulsado polo IES Rosalía de Castro de Santiago co que se recoñecen os mellores traballos de investigación realizados por estudantes de 4º curso de ESO e 1º de Bacharelato de toda Galicia.

Nesta segunda edición dedicada á molécula, contouse coa presenza do Premio Nobel Jean-Pierre Sauvage, unha autoridade mundial no campo da química supramolecular.

Na intervención de clausura, a conselleira Carmen Pomar destacou a importancia deste tipo de iniciativas na difusión da cultura científica e na promoción das vocacións científicas entre o alumnado.

Comentarios
Lo más