Hoxe preséntase "Os Bolechas van a Santiago"
Terá lugar na Fundación Torrente Ballester ás 19:30 horas
O libro Os Bolechas van a Santiago acaba de ser publicado polo Consorcio de Santiago e a editorial Bolanda. Trátase dunha nova aventura dos personaxes creados polo debuxante Pepe Carreiro hai xa dezaoito anos. Preséntase hoxe na Fundación Torrente Ballester, ás 19:30 horas.
No acto estarán o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; o responsable de Publicacións do organismo interadministrativo, Juan Conde; xunto a Tomás Valín, da editorial Bolanda.
Esta familia de seis irmáns xorde no ano 2000 co propósito de entreter aos máis novos da familia e de facelo ademais a través da lingua galega, xogando un importante papel na promoción e difusión do idioma. Estes personaxes contribúen ademais á divulgación e á formación, mediante o pracer e o divertimento dos escolares de educación infantil e de primaria de Galicia.