miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O BNG incluiu 14 partidas para Santiago nas emendas que rexistrou aos Orzamentos da Xunta do 2019

O BNG incluiu 14 partidas para Santiago nas emendas que rexistrou aos Orzamentos da Xunta do 2019
Foto de arquivo
O BNG incluiu 14 partidas para Santiago nas emendas que rexistrou aos Orzamentos da Xunta do 2019

Reclama, entre outas cousas, un millón e medio de euros para construción de vivenda pública e un millón de euros para un plan de emprego xuvenil que atalle a emigración

O grupo parlamentar do BNG incluiu 14 partidas para Santiago vinculadas á mellora ambiental, educativa, do patrimonio cultural, sanidade, vivenda e emprego nas emendas que rexistrou aos Orzamentos da Xunta para 2019.

Para un plan de fomento da compostaxe comunitaria e doméstica na comarca de Compostela reclama un millón e medio de euros e na emenda por valor de 25 millóns de euros do Plan de obras hidráulicas, de abastecemento de auga, saneamento e depuración inclúe a nova estación depuradora da Silvouta e mais a ampliación da rede de saneamento en Santiago de Compostela .

No apartado de educación, reclama sete millóns para un plan de recuperación da xestión directa dos comedores escolares; 500.000 euros para a construción da nova Escola Oficial de Idiomas de Compostela; 500.000 euros para a ampliación do Conservatorio profesional de música e 500.000 para un plan de dotación de escolas públicas infantís en Santiago.

No ámbito do patrimonio cultural, incorpora 100.000 euros para un programa de difusión do Panteón Real da Catedral de Santiago e 100.000 euros para un programa de difusión do Banquete de Conxo. No plano institucional, reclama 1 millón de euros máis para o Estatuto de Capitalidade Santiago de Compostela.

Ademais, inclúe 1 millón de euros para o novo centro de saúde de Conxo; un millón de euros para o desenvolvemento dun programa específico para a creación de emprego xuvenil en Santiago de Compostela, un millón e medio de euros para a construción de vivenda pública na parcela de Xoán XXIII; e un plan de mellora da seguranza viaria e da mobilidade peonil e ciclista nos camiños de Santiago.

Comentarios
Lo más