miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ábrese o prazo de inscrición nos seus cursos Actívate, oito iniciativas formativas para nenos e adultos que se desenvolverán entre xaneiro a xuño.

Ábrese o prazo de inscrición nos seus cursos Actívate, oito iniciativas formativas para nenos e adultos que se desenvolverán entre xaneiro a xuño. As persoas interesadas poden inscribirse ata o 28 de decembro no teléfono 981 825 780 ou na Casa da Cultura de Lousame.

A oferta formativa de 2019 inclúe dous cursos gratuítos para nenos e nenas: robótica e xeoloxía e mineroloxía, este último impartido nas instalacións do Museo Mineiro de San Fins. No caso dos adultos, a oferta inclúe cursos de cerámica, cestería, corte e confección- patwork, cociña, teatro e segunda vida das cousas, para aprender a reciclar todo tipo de trebellos que temos na casa.

As clases terán lugar con periodicidade semanal e unha duración de 2 horas por sesión e serán impartidos por artesáns e monitores especializados. 

Comentarios
Lo más