Hoxe última xornada e clausura dos 50 aniversario dos estudos de Economía en Galicia
Terá lugar na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais a partir das 11:00 horas
A conmemoración dos 50 anos dos estudos universitarios de economía e empresa en Galicia vivirá hoxe a súa última xornada cunha serie de actos na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.
O Salón de Graos acollerá, desde as 11:00 horas, a presentación do Catálogo de obras de arte da Facultade. Ás 11:30 horas chegará a presentación do número extraordinario da Revista Galega de Economía, que recolle as participacións e conclusións do Congreso 50 anos de economía galega.
A mesa redonda Os 50 anos de Economía Galega na prensa, desde as 12:10 horas, contará con Xosé Ramón Pousa, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación; os profesores Xaime Barreiro e José Antonio Varela; e representantes da prensa.
O acto de clausura desenvolverase ás 13:30 horas, no hall do centro, e contará coa presenza de Antonio Lopez, reitor da Universidade de Santiago; e María Emilia Vázquez Rozas, decana da Facultade. Proxectarase no evento un vídeo resumo do aniversario e inaugurarase a exposición 50 anos de Economía Galega na Prensa, que permanecerá no centro os vindeiros meses.