miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os socialistas piden apertura de expediente a Ferrovial

Os socialistas piden apertura de expediente a Ferrovial
Os socialistas piden apertura de expediente a Ferrovial

Presentan o testemuño dun traballador despedido despois de amosar as queixas pola xestión do servizo dos centros socioculturais

Paco Reyes, voceiro socialista, compareceu onte en rolda de prensa xunto con Rolando Buenavilla, ex traballador do centro sociocultural de Santa Marta, o cal é monitor do curso de informática dos centros socios culturiais. Foi despedido pola empresa concesionaria Ferrovial despois de denunciar a través dun escrito os numerosos problemas de xestión e control das actividades. O concelleiro do PSdeG lembrou que este é un exemplo máis das moitas presuntas irregularidades que existen coa prestación deste servizo e e o Concello debe abrir o correspondente expediente.

A xuízo de Paco Reyes, non existe por parte do goberno local un "control axeitado" dun servizo público que está a xestionar unha empresa. De feito, como destacou o edil, nos propios pregos xa se cambiaba a esencia dos cursos, premiando as ofertas que non se centraran na infancia e na terceira idade cando, paradoxicamente, son estes sectores poboacionais os principais usuarios dos centros.

No caso da informática, que tiña un obxectivo fundamental de rachar coa brecha dixital, esto supoxo un problema xunto coa falla de coordinación e retraso no inicio das actividades, que motivou a presentación dun escrito a Farrovial a través do seu comité de empresa asinado polos monitores desta actividade.

Como destacao o ex traballador, "non só está a afectar a traballadores dos centros socioculturais, senón tamén a calidade dun servizo con moito calado nos barrios composteláns". E o que redactou esta carta foi despedido aproveitando unha argucia legal.

"Eu redacteina, explicando os problemas existentes, e mesmo sentei co xestor de Ferrovial para abordar estas cuestións", dixo Buenavilla, que asegurou que "ese foi o motivo do meu despido". "Ferrovial utilizou unha cláusula que afirma que lle obrigaron a asinar e que permitía que o despediran despois de preparar a actividade sen impartila para botarme", dixo o ex empregado, que engadiu que el non ten medo en denunciar esta situación.

O voceiro socialista lembrou lembrou que Compostela Aberta nin ten aberto aínda un expediente a Ferrovial nin respostado ás moitas preguntas formuladas por escrito. Agardan a comparecencia en comisión, a solicitude deste grupo, da concelleira responsable deste tema, Concha Fernández

Comentarios
Lo más