Arde un alpendre sen danos persoais en Caldas de Reis
Ardeu un tractos, apeiros de labranza e varios electrodomésticos que se atopaban no interior
Un incendio calcinou esta mañá un alpendre na localidade pontevedresa de Caldas de Reis.
Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais. Ardeu un tractor, diversos apeiros de labranza, un conxelador, unha lavadora e leña que se almacenaba no seu interior. O teito do pendello tamén se viu afectado.
Una persoa particular foi quen, ao fío das 07:30 horas, aseguraba ver dende a súa casa lapas nun galpón dunha finca situada en Bemil, no lugar de Follente.
Ata o lugar, tras ser alertados polo 112 Galicia desprazáronse os Bombeiros de Vilagarcía e o GES de Valga. Así mesmo, os xestores de emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil, Policía Local e a dos efectivos de Protección Civil da localidade.