Villares avisa a Gómez-Reino que son "as persoas quenes teñen que decidir todo"
Villares encabeza a candidatura que confrontará á do sector crítico
O portavoz de En Marea, Luis Villares, cargou onte contra a actitude de Podemos Galicia y do seu secretario xeral, Antón Gómez-Reino, no proceso interno polo que o partido instrumental renovará os seus órganos de dirección. Villares reprochoulle a Gómez-Reino a súa inxerencia nas eleccións de En Marea e avisouno de que son "as persoas quenes teñen que decidir todo".
Luis Villares encabeza a candidatura que confrontará á do sector crítico, na que Podemos conta con máis que o resto das mereas e partidos que se agrupan na denominada Mesa da Confluencia. O portavoz xa dixo que a súa candidatura representaba a todos os sectores de En Marea e que non estaba pactada "coa cúpula de ningún partido".
Villares señalou que fai unhas semanas Gómez-Reino reclamaba "un papel específico para Podemos como patirdo dentro de En Marea" ó que lle contestaba que "non debe ser un partido o que ocupe a centralidade, son as persoas as que teñen que ocupar a centralidade". Non critica qeue os inscritos de En Marea pertenzan a unha forza política en concreto, pero recordou que o partido instrumental milítase de maneira individual e que "son as persoas as que teñen que decidiro todo".
Pola súa parte, Martiño Noriega, alcalde de Santiago, aplaudiu aconcurrencia de dúas listas porque cree que así se reflicte mellor "o conxunto do espazo, algo que no útlimo ano non sucedía". Admite que se sente máis situado na candidatura que flue da Mesa pola Confluencia.